
Estreamos a nosa liña de fantasía en formato grande con A princesa e o trasno, unha novela do autor escocés George MacDonald.
A princesa e o trasno é un dos pouco coñecidos alicerces da literatura fantástica moderna escrita en forma de conto de fadas. Entre os herdeiros da narrativa de MacDonald cabe destacar a Tokien e a C.S. Lewis, grandes figuras da fantasía do século XX que lle deben non pouco aos escritos do autor escocés. Trátase dunha novela par todos os públicos, tanto nenos como adultos, aínda que, como ocorre con outras obras como as de Lewis Carrol, está preñada de simbolismos e segundas lecturas que fan que o lector adulto ache na lectura das súas páxinas un intenso pracer, amplificado polas fermosas ilustracións de Arthur Hughes que se reproducen nesta edición.
Ficha técnica:
Título: A princesa e o trasno
Autor: George MacDonald
Tradutor: Xabier Cid
Colección: Fantasía
ISBN: 978-84-937142-5-3
Nº de páxinas: 210
Formato: 230x153mm
PVP: 15.95€
Distribúe: Consorcio editorial galego.
Tamén se pode mercar en liña a través da seguinte ligazón: http://gzfriki.com/index.php?main_page=p...
Arquivado en: Mundo editorial, Novos libros por urcoeditora
No Comments »

Continuamos a nosa liña de literatura gótica con Bram Stoker, o autor que viviu á sombra de Dracula, a súa obra máis recoñec ida, mais cuxas outras obras son raras de ver.
A gorida do Verme Branco mestura dun xeito maxistral a narrativa gótica con elementos da novela de detectives, cuns diálogos brillantes e unha narración fluída e en constante ascenso.
A novela conta a historia de Adam Salton, un mozo criado en Australia, que se vai vivir co seu tío avó a un condado da campiña inglesa, onde antano se erguera o reino de Mercia. Corren rumores de que nas profundidades daquelas terras aínda habita un monstro de eras pretéritas ao que chaman "O Verme Branco". Adam Salton terá que enfrontarse ao perigo coa axuda do ancián Sir Nathaniel de Salis, sabio experto en historia e antropoloxía.
Esta foi a última novela escrita por Stoker, unha obra que desgraciadamente, igual que o resto da produción deste autor agás o antes mencionado Dracula, nunca tivo unha gran difusión. Agardamos que con esta pequena achega axudemos a colocar ao mestre Bram Stoker no lugar que lle corresponde.
Datos do libro:
Título: A Gorida do Verme Branco
Autor: Bram Stoker
Tradutor: Tomás González Ahola
Colección: Gótica
ISBN: 978-84-937142-3-9
Nº de páxinas: 302
PVP: 13.95€
Distribúe: Consorcio editorial galego.
Tamén podes mercar este libro na nosa tenda en liña, seguindo a seguinte ligazón:
http://gzfriki.com/index.php?main_page=p...
Arquivado en: Mundo editorial, Novos libros por urcoeditora
No Comments »
Retomamos a nosa liña de narrativa despois dun longo tempo de silencio con A Praga Escarlata, un relato postapocalíptico de Jack London, ilustrado por Gordon Grant.
Nun futuro non moi afastado a humanidade vese arrasada por unha praga mortal. Os poucos superviventes viven nun estadio primitivo, como hai miles de anos. O profesor James Howard Smith é o único que queda vivo dos poucos que sobreviviron á praga, e na súa vellez conta aos seus netos como foi a caída da civilización por mor da Praga Escarlata.
A pólvora chegará. Ninguén poderá paralo... a mesma vella historia repetida unha e outra vez. Os homes aumentarán en número e loitarán entre eles. A polvora permitirá aos homes matar millóns, e só deste xeito se desenvolverá algún día remoto unha nova civilización. E que teremos gañado? Igual que a vella civilización caeu, esta tamén o fará. Pode que se precisen cincuenta mil anos para construíla, mais todo acaba. Todas as cousas acaban...
Datos do libro:
Título: A praga escarlata
Autor: Jack London
Ilustrador: Gordon Grant
Tradutor: Tomás González Ahola
Deseño e maquetación: Paulo Rico Painceiras
Revisión: Henrique González Martínez
Nº de páxinas: 128
PVP: 12,95€
ISBN: 978-84-937142-2-2
Distribúe: Consorcio Editorial Galego
Compra en liña dispoñíbel en: http://gzfriki.com/index.php?main_page=p...
Arquivado en: Novos libros por urcoeditora
No Comments »
Xa estamos de volta do Cultur.gal e en proceso de retorno á rutina e organización dos novos proxectos.
A nosa experiencia nesta feira das industrias culturais non puido ser máis positiva. Coñecimos unha chea de xente interesante do sector, presentamos Gallaecia cunha enorme acollida por parte do público asistente, démosnos a coñecer entre os visitantes e os expositores, saímos cunha chea de proxectos novos baixo do brazo etc.
Malia algúns problemas de organización e o cansazo que supuxo estarmos catro días completos metidos no pazo de congresos atendendo o stand, a nosa valoración do Cultur.gal é excelente, e seguramente participaremos tamén o próximo ano (sempre que nos deixen repetir, claro está).
Temos a esperanza de que a partir deste evento, Urco editora comece a medrar e a levar un bo ritmo de publicacións, que desgraciadamente tivemos que truncar durante uns meses por varias cuestións.
Deixámosvos unhas cantas fotos do Cultur.gal sacadas polo amigo Dorfun, entre as que hai varias da presentación de Gallaecia e da sinatura de exemplares no noso stand.
http://flickr.com/photos/dorfun/sets/721...
Arquivado en: Miscelánea, Mundo editorial, Novos libros por urcoeditora
No Comments »
Despois de tanto tempo, vovemos actualizar, si, seguimos vivos e con ganas de continuar. Hoxe abrimos cunha pequena recomendación: dous libros de Morgante edicións.
Edicións Morgante é un pequeno selo ligado a Rinoceronte Editora, que nace con vocación de caixón de xastre: a única característica común a todo aquilo que publicamos é que nos guste. Fóra diso, a propia variedade de temas, estilos e formatos dá boa idea do seu eclecticismo.
Os dominios de Golgur:
No ducado de Miranda, unha "outra" Galiza medieval, as cousas andan revoltas. Unha xoia perdida pode facer cambalear o poder establecido, polo que un intrépido grupo de aventureiros cumpre unha misión de incógnito para atopala e entregarlla ao duque don Dinís. O grupo, formado polo galante Guillem de
Bretaña, Agnesa a delsia e o anano Perifel, terá que percorrer a xeografía mirandesa de castelo en castelo para dar coa prezada xoia da coroa. Por se fose pouco anda por aí un monxe medio tolo que pregoa unha absurda relixión que castiga os excesos e di que existe un só deus. Pero hai algo peor: Gólgur un poderoso e terríbel xigante cuxo poderío amedrenta os nobres mirandeses.
Os dominios de Gólgur é unha novela áxil e divertida que nos introduce no mundo das historias posíbeis cun ton próximo e hilarante. Un bo exemplo de novela fantástica moderna escrita en galego, con reminiscencias de Poul Anderson, Jack Vance e mesmo de Terry Pratchett.
Os dous irmáns:
"Máis útil é un libro que unha estela gravada ou un muro sólido" Con esta cita comeza a escolma de cinco relatos baseados en lendas e contos do antigo Exipto, onde o amigo Antonio Reigosa fai a súa achega á nosa lingua dun xénero até o de agora inédito. Intriga, aventura, maxia e viaxes marabillosas garantidas cun estilo marca da casa.
Arquivado en: Mundo editorial, Novos libros por urcoeditora
No Comments »
Despois dun retraso motivado por cuestións varias, entre elas a inminente apertura da nosa nova oficina, esperamos ter a seguinte novidade no prazo dun mes. Trátase da ben coñecida novela de Oscar Wilde O retrato de Dorian Gray, coa que estrearemos o novo formato de 230x153mm, para libros que superen certa extensión. De feito, se bulimos co proceso de edición (a tradución xa está feita), contamos con ter o libro no Festigal, onde compartiremos posto con Rinoceronte Editora.
Velaquí queda o cartel promocional que levaremos, xunto co libro, aos nosos puntos de venda.

Arquivado en: Merchandising, Novos libros por urcoeditora
No Comments »