Descarga de Sleepy Hollow!

O prometido é débeda, e como non queremos quedar de mentireiros, velaquí está o primeiro "libro liberado" de Urco Editora: Sleepy Hollow e outros relatos, de Washington Irving.

Como xa comentamos en anteriores posts, agora mesmo non temos tempo a actualizar a nosa web, logo de momento o documento quedará colgado no blogue á espera de que fagamos unha sección de descargas decente na nosa páxina.

O libro vai en formato de texto plano e inclúe os cinco relatos da edición impresa mais a introdución. A licenza é a mesma que a da edición impresa: CC by-sa-nc.

En breve tamén iremos subindo os demais libros neste mesmo formato, e esperemos que tamén en breve nos poidamos pór co novo deseño da web para ter todo ben ordenado e no seu sitio.

Lembrámosvos a todos aqueles interesados nas nosas publicacións, que nos podedes atopar en case todas as librarías de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. E xa postos, se alguén quere prestar un grande apoio á nosa iniciativa, pode subscribirse ás nosas novidades, co que recibirá os libros na súa casa, cun 10% de desconto e sen gastos de envío adicionais.  Velaquí a ligazón para subscribirse:

http://www.urcoeditora.com/subscricion.php

Máis nada, que gocedes dos libros libres de Urco Editora

Descarga aquí Sleepy Hollow e outros relatos

Chuzame! chuzame -

7 Responses to “Descarga de Sleepy Hollow!”

  1. non podo mais que apoiar a vosa iniciativa, e animarvos a que sigades nesta liña.

  2. Grazas polo apoio. A verdade é que despois de entrar nesta liña (software libre, licenzas creative commons, liberación de textos etc.) poucas ganas temos de cambiar, e de facelo, será a mellor, claro XD

  3. […] delas, Sleepy Hollow e outros relatos, que xa é posíbel descargar en formato txt a través deste ligazón provisional no seu blogue. Ademáis, os suscriptores poden solicitar a versión maquetada en formato pdf, que non é […]

  4. Descarga gratuíta do libro “Sleepy Hollow e outros relatos”…

    Xa se pode descargar o primeiro “libro liberado” de Urco Editora en formato txt desde o seu blogue, publicado baixo unha licenza Creative Commons. Desde a editora din que continuarán por esta vía, subindo todos os seus libros á rede para que quen …

  5. Un millón de grazas! :-)

  6. Muchas gracias por vuestra generosidad, y la de W. Irving, fui un pequeño apasionado de H. P. L. y será un palcer volver a leer este tipo de terror primigenio, igual descubro al NECRONOMICON, del Arabe Loco.

    Noraboa!!

  7. […] Blog Urco Editora […]

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image