Planilandia está aqui!

O venres pasado foi día de tolos. Erguernos a primeirísima hora para ir distribuír Lugo. Resulta que no prelo se retrasara un pouco Planilandia e non daba chegado a Compostela, así que dixemos que mandasen os paquetes directamente á mensaxería de Lugo para facer a distribución aló aproveitando a feira do libro.

E ben, chegamos, distribuímos baixo a chuva, comemos e voltamos para Compostela a todo gas porque había máis compromisos. Un servidor tiña que ir correndo ao Centro Sociocultural de Fontiñas a participar nunha pequena exibición de esgrima antiga (si, o frikismo en Urco é de verdade, non de postureo). Despois da exibición tiña que vir Pablo para facer entre os dous unha pequena presentación da editora no propio centro sociocultural.

Vamos, que merecemos un premio. Volvendo a Planilandia, está distribuído en Lugo, como xa contei, e mais Ferrol,  e ao longo desta semana contamos con que chegue ao resto de cidades (Compostela irá hoxe se deixa de chover).

Velaqui unha foto do libro. Non ten moi boa calidade, pero é que até que nos fagamos coa Urcocam é o que hai.

planilandia.JPG

Chuzame! chuzame -

10 Responses to “Planilandia está aqui!”

  1. Moi boas novas! Pódese mercar nalgunha libraría da Coruña ou de Pontevedra?

  2. Pois no prazo duns poucos días si. De momento só está en Compostela, Ferrol e Lugo, pero esta semana contamos con rematar a distribución. Os nosos puntos de venda en Pontevedra son:
    -Paz
    -Escolma
    -Michelena
    -Seijas
    -El Pueblo
    -Clip
    -Sen Verbas
    Na Coruña non me sei a lista de memoria, pero seguro que en Couceiro, Nós e Alita Comics está.
    Saúde

  3. …e en Ferrol?

    (é por non dar moitas voltas, pero agardo que en Cantón 4 estará)

    …e parabéns por esta aportación!!!

  4. En ferrol está nestas:
    -Cantón
    -Abecé
    -Central librera
    -Librería del Campus
    -Estraviz
    -Limiar
    -Metrópolis cómics
    Penso que non se me quedou ningunha.
    Grazas polo interese!

  5. A onde eu compro, a libraría Xiada na Coruña, aínda non chegaron os anteriores de Howard e Chambers.

    Parabéns polo feito ata o de agora e un saúdo.

  6. Certo é. A distribución dos títulos anteriores non chegou á Coruña por problemas loxísticos, mais estará a partir do martes da semana que ven. Realmente iamos ir hoxe distribuír Coruña, mais despois do tute que nos pegamos onte (Vigo e Pontevedra nunha soa mañá) decidimos deixalo para a semana que ven, que nos fai falla algo de descanso.
    En breve habilitaremos unha sección de puntos de venda, para que o que queira poda localizar os nosos libros na súa cidade.
    Saúde e grazas polo comentario!

  7. Esta vai ser a miña primeira adquisición de Urco :-)

  8. Pois agardamos non decepcionarte! Grazas!

  9. Dade as vosas opinións !!
    Que vos gustou? Que non vos gustou?
    A min este gustoume bastante. Unha crítica social coma nunca tiña lido (pola forma de dicilo, principalmente).
    Non atopei nada malo destacábel no libro.

    Saúde.

  10. Para min (fala Tomás) o máis interesante do libro é a aparición da crítica social dentro do xénero nunha época tan temperá. Sempre se fala de que a ficción científica comeza a preocuparse pola sociedade sobre todo cara a finais dos anos 60, con figuras como Brian W. Aldiss, Ursula K. LeGuin, J.G. Ballard, Michael Moorcock ou Harlan Ellison. Para min o feito de que apareza xa con Abbott unha crítica tan clara e que foxa do paradigma do ‘astounding’ resúltame abraiante.

Leave a Reply