Sobre Urco Editora
Urco editora é unha iniciativa editorial que vén encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de «clásicos» ou de «literatura xuvenil». Por isto URCO é pioneira na achega sistemática destos tres xéneros ao público galego.
Os nosos títulos, divididos en tres coleccións temáticas ― gótica, fantasía e ciencia ficción ―, buscan en primeira instancia sentar unhas bases sobre as orixes dos tres xéneros, coa publicación dos autores «clásicos» dos mesmos, e tamén de outros moitos non tan coñecidos polo grande público mais sen dúbida fundamentais para o desenvolvemento posterior deste tipo de literatura.
A nosa ética profesional lévanos a establecer unha serie de criterios, algúns deles pouco ao uso no mercado editorial galego actual, como son:
- O uso de licenzas Creative Commons para as traducións de textos sen dereitos, xa que consideramos absurdo, pouco ético e «regresivo» o uso das licenzas restrictivas de Copyright sobre textos que xa se atopan liberados do mesmo.
- O traballo editorial baseado no software libre. En Urco editora empregamos no traballo informático relacionado coa tradución, o deseño, a corrección e a maquetación o entorno operativo GNU/Linux e outro software libre como o GIMP, Inkscape ou Scribus. Esta escolla non está motivada só por motivos económicos, senón tamén porque estamos convencidos de que esta «nova» filosofía informática é extremadamente vantaxosa para o avance da cultura, e como editora, somos unha empresa preocupada pola mesma.
- Recoñecemento do traballo dos colaboradores. Todo aquel que participa no proceso de edición dun libro de Urco editora aparece recoñecido nos créditos do mesmo e recibe un pagamento digno polos seus servizos.
[...] convertido en mainstream, pero ainda sendo editado na nosa lingua (será por eso) por unha editora militante é unha viaxe de ida e volta a «aqueles marabillosos anos»: igual que o libro anterior serviu [...]